Concurso para a Rehabilitación do cuartel de San Fernando destiñada a albergar o Museo da Romanización de Lugo
Praza de Ferrol, 1
Lugo
1. Situacion
Un museo de arte presentado en dúas dimensións rixe os seus sistemas de circulación e define os seus percorridos en función das paredes. A distribucion das tabiquerías, das fábricas, estructuran o espazo pero tamén a forma de percorrelo.
No noso caso, a organización espacial do edificio determina 6 modulos espaciais de 260 m2 repetidos e non comunicados directamente entre si. O patio serve de referencia e comunicación entre eles. Isto resulta nunha certa monotonía espacial, propia da vida nun cuartel pero impropia da singularidade do novo uso do edificio. Cómpre dotar ó novo museo de certa variedade espacial para mitigar á desacougante sensación de estar sempre no mesmo espacio.
Esta ordenada e ríxida estruturación do cuartel determina en termos dun museo convencional percorridos de ida e volta (entrar e sair pola mesma porta) de cada un destes módulos. tódolos accesos están ubicados nas esquinas do patio. A necesidade de conservación desta configuración espacial e da imaxe do cuartel limitan ainda mais os marxes de intervención da proposta.
2. Estratexia
Resulta que vamos a mirar debaixo do cuartel e o que se expón non ten dúas dimensións e non está á altura dos meus ollos senón algo por debaixo dos meus pes. as paredes seguen sendo marco pero xa non son directriz.
A directriz agora está no chan e cómpre un sistema de circulación capaz de responder a este requerimento e as limitacións ó respecto que supón o marco arquitectónico do cuartel. Un sistema aberto que perfore puntualmente a nova cimentación do cuartel e cun trazado non pechado….a expensas do que se agache no chan.. asi será o chan, o arquelóxico e o novo chan que permitirá aprecialo, o xerador da proposta. xurde asi un novo nivel de arquitectura contemporanea entre os dous xa presentes.
Formalizando a nova relación entre o neoclasico e o romano, e respetando as esquinas do patio como lugar de acceso ós módulos neoclásicos, vaise insinuando unha forma nova de descubrir o que agacha cada un destes modulos e os restos arqueoloxicos que aparezan no solo ó mesmo tempo. o circulo revélase entón como a forma adecuada de por en valor a orde establecida polos enxeñeiros neoclásicos. ben utilizado aporta a fluidez que ansiaba o vello cuartel para crerse museo e supón o contrapunto perfecto á ortogonalidade dos clásicos que pretende acompañar.
3. Resposta
A partir de aqui bosquexamos unha resposta real non pechada. Un sistema capaz de adaptarse ós restos arqueolóxicos que aparezan no solo do cuartel e íncluso á sua ausencia puntual. Cada area de solo sen restos in situ será susceptible de aproveitar, para trasladar outros desperdigados pola cidade ou conservados noutros edificios.
O circulo repetiuse ata que foi camiño, e logo afinouse para ocupar sólo o necesario. por momentos asoman ós modulos e de repente avanzan ó seu interior para aproximarse os seus muros e disfrutar dunha proxeccion. repetiuse tanto o circulo que chegou a linguaxe e se non pisas un, sabes que acabou a visita.
Algúns sairon ó exterior e colleron altura, volume e entidade espacial propia. Un saiu tranasparente á superficie do patio e convertiu este en lugar de encontro. o patio abriuse a Lugo e tomou a infiltración como positiva.
Finalmente á carón do cuartel aparece o maior dos cilindros, dándolle a replica adecuada ó prismático volume do cuartel, e a modo de elemento reclamo e referencia visual do novo museo da romanización.
Pequena vivenda unifamiliar na costa da Praia de Bastiagueiro. Realizada na base ao concepto clásico de arquitectura galega a partir de muros portantes de mamposteria de pedra, nun exercicio de reinterpretación e actualización do xeito tradicional, co uso das técnicas contemporaneas. A vivenda abrese ás vistas, ao mar e ás orientacións solares máis amables, segundo un eixo leste-oeste, namentres que se aisla ata o máximo das orientacións máis desfavorables, evitando a apertura de ocos na fachada norte, onde se sitúa o acceso á vivenda. A fachada sul configúrase con ocos cunha clara compoñente vertical, practicados en el muro de pedra, materializados por medio de dinteis de material resistente á flexión, neste caso formigón armado, como reinterpretación da fiestra da casa tradicional galega.
Edificio Multiusos. Composto por un centro comercial, centro cívico, piscina municipal e zonas exteriores
Accesit. Non Construido
Bornos. Cadiz
PLANTEAMENTO URBANISTICO
Como punto de partida existen varias singularidades historico-sociais, urbanísticas e xeográficas na configuración de Bornos como contorna onde se desenvolve a proposta. Por unha banda a profunda bagaxe histórica da localidade, poboada de grandes conxuntos árquitectonicos, fundamentalmente relixiosos, que se distribúen pola trama urbana, esponxandoa e actuando de núcleos arredor dos que se desenvolve tecido urbano.
Doutra banda, a presenza dunha trama urbana, onde se diferencia claramente a aparición dun novo tecido, envolvendo ao histórico, desenvolvido ao longo do eixo norte sur, a avenida de San Jeronimo, como principal eixo de comunicación a todolos niveis.
Da comxugación das citadas singularidades, e ante a demanda dun novo espazo urbano que de servizo a unha serie de novas necesidades prográmaticas, parte o desenvolvemento da proposta.
Un espazo urbano atrapado por unha envolvente construída, na tradición de casas patio-claustro, típicas da xeografía andaluza, para dar resposta ás extremas condicións climatolóxicas destas latitudes. Resolta a modo de ‘Ágora’ urbano, como lugar de encontro, de praza onde se producen sinerxias enriquecedoras.
Todo isto materializado nun edificio-espazo urbano, totalmente aberto á cidade, que busca inserirse na trama, relacionandose con ela dun modo non hostil, adoptando a escala do lugar, case asomándose á trama urbana sen subterfuxios. O propio edificio convértese no elemento artellador do novo e o histórico, actuando de lugar de reunión, pero tambien de transición entre unha e outra situación.
FORMULACIÓN ARQUITECTONICA
Exteriormente buscouse unha envolvente que unificase e á vez achegase lixeireza ao conxunto, sen perder relación coa contorna. Para iso o edificio envólvese cunha capa permeable pero contundente, que pon íntimamente en contacto o espazo interior coa contorna, á vez que propicia un elevado confort termico aos espazos interiores e unha permeabilidade a todo o conxunto. Á vez, funciona como elemento estrutural. A base de nervios de formigón armado organizados nunha malla hexagonal con ocos de 45 cm de diámetro.
O programa divídese fundamentalmente en 2 actividades, comercial e dotacional, compoñéndose este último dunha sala de actos multiusos, para 360 persoas sentadas, dotado de bancada retráctiles e que premite acoller gran variedade de actos. Así mesmo disponse dun parking para 116 vehiculos, distribuídos en dúas plantas sotano. Proponse a incorporación ao proxecto dunha pequena biblioteca que se suma á oferta cultural, ademas exponse na terraza do edificio, cunhas inmellorables vistas sobre o ámbito urbano, unha piscina para uso público que complementa o carácter dotacional de lecer da proposta.
Para actividade comercial dispuxéronse varios locais comerciais, distribuídos nos diferentes niveis, pero sempre coa premisa de estaren fortemente vencellados ao exterior, a fin de potenciar o seu uso comercial.
Por último compre sinalar a estreita interrelacióon do edificio co lugar onde se insire, axenitándose ás particularidades topográficas e poñéndoas en valor, como é o caso da rúa Fernan Caballero, onde o edificio convértese en rúa, en elemento de tránsito peonil, buscando mostrarse ao paseante eventual.
Así mesmo optouse por recuperar o espazo actualmente en uso diante da estación de autobuses, como punto de reunión e intercambio de experiencias, no acceso principal ao espazo polivalente.