BETALAB

workinprogress
Posts Tagged ‘Concurso’

Edificio Multiusos

Edificio Multiusos. Composto por un centro comercial, centro cívico, piscina municipal e zonas exteriores

Accesit. Non Construido

Bornos. Cadiz

PLANTEAMENTO URBANISTICO

Como punto de partida existen varias singularidades historico-sociais, urbanísticas e xeográficas na configuración de Bornos como contorna onde se desenvolve a proposta. Por unha banda a profunda bagaxe histórica da localidade, poboada de grandes conxuntos árquitectonicos, fundamentalmente relixiosos, que se distribúen pola trama urbana, esponxandoa e actuando de núcleos arredor dos que se desenvolve tecido urbano.

Doutra banda, a presenza dunha trama urbana, onde se diferencia claramente a aparición dun novo tecido, envolvendo ao histórico, desenvolvido ao longo do eixo norte sur, a avenida de San Jeronimo, como principal eixo de comunicación a todolos niveis.

Da comxugación das citadas singularidades, e ante a demanda dun novo espazo urbano que de servizo a unha serie de novas necesidades prográmaticas, parte o desenvolvemento da proposta.

Un espazo urbano atrapado por unha envolvente construída, na tradición de casas patio-claustro, típicas da xeografía andaluza, para dar resposta ás extremas condicións climatolóxicas destas latitudes. Resolta a modo de ‘Ágora’ urbano, como lugar de encontro, de praza onde se producen sinerxias enriquecedoras.

Todo isto materializado nun edificio-espazo urbano, totalmente aberto á cidade, que busca inserirse na trama, relacionandose con ela dun modo non hostil, adoptando a escala do lugar, case asomándose á trama urbana sen subterfuxios. O propio edificio convértese no elemento artellador do novo e o histórico, actuando de lugar de reunión, pero tambien de transición entre unha e outra situación.

FORMULACIÓN ARQUITECTONICA

Exteriormente buscouse unha envolvente que unificase e á vez achegase lixeireza ao conxunto, sen perder relación coa contorna. Para iso o edificio envólvese cunha capa permeable pero contundente, que pon íntimamente en contacto o espazo interior coa contorna, á vez que propicia un elevado confort termico aos espazos interiores e unha permeabilidade a todo o conxunto. Á vez, funciona como elemento estrutural. A base de nervios de formigón armado organizados nunha malla hexagonal con ocos de 45 cm de diámetro.

O programa divídese fundamentalmente en 2 actividades, comercial e dotacional, compoñéndose este último dunha sala de actos multiusos, para 360 persoas sentadas, dotado de bancada retráctiles e que premite acoller gran variedade de actos. Así mesmo disponse dun parking para 116 vehiculos, distribuídos en dúas plantas sotano. Proponse a incorporación ao proxecto dunha pequena biblioteca que se suma á oferta cultural, ademas exponse na terraza do edificio, cunhas inmellorables vistas sobre o ámbito urbano, unha piscina para uso público que complementa o carácter dotacional de lecer da proposta.

Para actividade comercial dispuxéronse varios locais comerciais, distribuídos nos diferentes niveis, pero sempre coa premisa de estaren fortemente vencellados ao exterior, a fin de potenciar o seu uso comercial.

Por último compre sinalar a estreita interrelacióon do edificio co lugar onde se insire, axenitándose ás particularidades topográficas e poñéndoas en valor, como é o caso da rúa Fernan Caballero, onde o edificio convértese en rúa, en elemento de tránsito peonil, buscando mostrarse ao paseante eventual.
Así mesmo optouse por recuperar o espazo actualmente en uso diante da estación de autobuses, como punto de reunión e intercambio de experiencias, no acceso principal ao espazo polivalente.