BETALAB

workinprogress
Posts Tagged ‘arqueologia’

Museo da Romanización

Concurso para la Rehabilitación del cuartel de San Fernando destinada a albergar el Museo da Romanización de Lugo

Plaza de Ferrol, 1

Lugo

1. Situacion

un museo de arte presentado en duas dimensións rixe os seus sistemas de circulación e define os seus percorridos en función das paredes. A distribucion das tabiquerias, das fábricas, estructuran o espacio pero tamén a forma de percorrelo.

No noso caso, a organización espacial do edificio determina 6 modulos espaciais de 260 m2 repetidos e non comunicados directamente entre si. o patio sirve de referencia e comunicación entre eles. Isto resulta nunha certa monotonía espacial, propia da vida nun cuartel pero impropia da singularidade do novo uso do edificio.  cómpre dotar ó novo museo de certa variedade espacial para mitigar á desasosegante sensación de estar sempre no mesmo espacio.

Esta ordenada e ríxida estruturación do cuartel determina en termos dun museo convencional percorridos de ida e volta (entrar e sair pola mesma porta) de cada un destes módulos. tódolos accesos están ubicados nas esquinas do patio. A necesidade de conservación desta configuración espacial e da imaxe do cuartel limitan ainda mais os marxes de intervención da proposta.

2. Estrategia

Resulta que vamos a mirar debaixo do cuartel e o que se expón non ten dúas dimensións e non está á altura dos meus ollos senón algo por debaixo dos meus pes. as paredes seguen sendo marco pero xa non son directriz.

A directriz agora está no chan e cómpre un sistema de circulación capaz de responder a este requerimento e as limitacións ó respecto que supón o marco arquitectónico do cuartel. Un sistema aberto que perfore puntualmente a nova cimentación do cuartel e cun trazado non pechado….a expensas do que se agache no chan.. asi será o chan, o arquelóxico e o novo chan que permitirá aprecialo,  o xerador da proposta.  xurde asi un novo nivel de arquitectura contemporanea entre os dous xa presentes.

Formalizando a nova relación entre o neoclasico e o romano, e respetando as esquinas do patio como lugar de acceso ós módulos neoclásicos,  vaise insinuando unha forma nova de descubrir o que agacha cada un destes modulos e os restos arqueoloxicos que aparezan no solo ó mesmo tempo. o circulo revélase entón como a forma adecuada de por en valor a orde establecida polos enxeñeiros neoclásicos. ben utilizado aporta a fluidez que ansiaba o vello cuartel para crerse museo e supón o contrapunto perfecto á ortoganalidade dos clásicos que pretende acompañar.

3. Respuesta

A partir de aqui esbozamos unha resposta real non pechada. un sistema capaz de adaptarse ós restos arqueolóxicos que aparezan no solo do cuartel e íncluso á sua ausencia puntual. cada area de solo sen restos in situ será susceptible de aproveitar para trasladar outros desperdigados pola cidade ou conservados noutros edificios.

O circulo repetiuse ata que foi camiño, e logo afinouse para ocupar sólo o necesario. por momentos asoman ós modulos e de repente avanzan ó seu interior para aproximarse os seus muros e disfrutar dunha proxeccion. repetiuse tanto o circulo que chegou a linguaxe e se non pisas un, sabes que acabou a visita.

Algúns sairon ó exterior e colleron altura, volume e entidade espacial propia. Un saiu tranasparente á superficie do patio e convertiu este en lugar de encontro. o patio abriuse a Lugo e tomou a infiltración como positiva.

Finalmente á carón do cuartel aparece o maior dos cilindros, dándalle á replica adecuada ó prismático volume do cuartel, e a modo de elemento reclamo e referencia visual do novo museo da romanización.